ACIDE

 

É unha asociacón de carácter sociocultural nada en Santiago de Compostela e formada por antigos e recentes membros da Universidade de Santiago de Compostela.

Os nosos obxetivos son moi amplos e abarcan dende a educación, as novas tecnoloxías, o coidado polo medio ambiente e a contorna, ata as tarefas sociais e formativas, dedicadas a mellorar a nosa sociedade mediante a transmisión de valores o respecto, a solidariedade ou a tolerancia. 

Queremos, en nome de tódolos membros da Asociación, darlles a benvida a todos os que queiran entrar a formar parte do noso equipo. Por outra banda, convén sinalar que unha das nosas prioridades é transformar esta páxina nun lugar de encontro para futuras actividades e proxectos. Asimismo, agardamos que o noso traballo sexa entendido grazas á súa difusión nesta páxina.

Noutro orden de cousas, convén engadir que pretendemos mostrar o máis importante do noso traballo nesta páxina.

Se estás interesado en entrar a formar parte da nosa Asociación, contacta con nós mediante correo electrónico.

Por outro lado, debemos indicar que a Asociación é totalmente apolítica e que os seus membros reflexan a diversidade propia da comunidade universitaria.

Construir un mundo mellor

As nosas inquietudes están baseadas no logro dunha serie de medidas que fagan posible unha sociedade máis xusta, ecolóxica e tolerante onde sexa posible unha convivencia harmónica e susceptible de aprender novas formas de abordar os problemas que afectan a nosa sociedade. De seguido, indicamos en que consisten os nosos obxectivos:

  • Achegar os coñecementos obtidos na Universidade, propiciando entornos de intercambio de coñecemento.
  • Desenvolver actividades que sirvan como base para mellorar as aptitudes profesionais dos distintos colectivos de cidadáns.
  • Servir como base para o inicio de actividades laborais de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Colaborar na mellora do entorno natural da nosa comunidade.
  • Fomentar a educación para o desenvolvemento sostible.
  • Fomentar a igualdade entre homes e mulleres, traballar pola igualdade de oportunidades, pola non discriminación e pola erradicación da violencia.
  • Promover a formación e o desenvolvemento de actividades de voluntariado dentro da poboación de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Calquera outro fins que tenda o desenvolvemento sostible, o benestar e a mellora da calidade de vida da cidadanía, a supervivencia e respeto do entorno natural e cultural, á promoción da equidade, a xustiza social e o equilibrio entre as persoas e entre as xeracións.
  • Contribuír a mellora da atención, rehabilitación, a reinserción social e a integración laboral dos colectivos especialmente vulnerables.
  • Desenvolver actividades relacionadas co ámbito cultural, literario e artístico

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Localización

Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Local de Alumnos da Facultade de Física. Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela