A certificación, un valor engadido

 

Do 8 ao 12 de abril do 2013 organizamos no Colexio Maior de Fonseca un curso sobre a importancia da certificación aplicada a diversos ámbitos.

Dende ACIDE organizamos este curso co obxectivo de que tanto consumidores como produtores  adquiran ferramentas para saber que implica que diversos produtos ou servizos que atopamos na nosa vida cotiá  estean certificados, así como  Cal é o proceso e os trámites polos que deben pasar para poder certificarse.

Organizacións de Sectores coma os da comida ecolóxica, certificación enerxética na construción , sector madeira e derivados forestais, así coma o das acreditacións académicas interviñeron nas ponencias dando a dobre visión, por unha banda os organismo certificadores e por outra a dos produtores

Durante 5 xornadas presenciais expertos de distintos sectores explicaron ao público as súas experiencias en materia de certificación.

O curso estivo recoñecido cun crédito de libre configuración e tutelado pola profesora de Edafoloxía da USC Maria Teresa Barral Silva

 

 

Luns 8: Xornada de Introdución A Certificación.

15: 45  Recepción de asistentes e entrega de documentación .

16:15 Presentación das Xornadas.

ACIDE, Asociacion Cidadáns polo desenvolvemento.

16:30 Introdución a Certificación.

Imparte: AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación)

Martes 9: Sector Edificación.

16: 00 Certificación enerxética. Imparte: Pechadura. Sociedad de Arquitectura+Ingenieria.

18:00  Experiencia Certificado BREEAM.ES. Naves bioclimáticas .Imparte: Zona Franca de Vigo.

19:00  Experiencia en Certificación Enerxética. Imparte: Parlamento de Galicia.

Mércores 10:  Sector alimentario.

16:00  Certificado de Agricultura Ecolóxica. Imparte: CRAEGA. Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.

18:00 Experiencia en Produción Ecolóxica. Imparte: Casa Grande de Xanceda.

19:00  Estándar Medioambiental MSC, Pesca sostible.  Imparte: Confraría de San Martiño de Bueu.

Xoves 11: Sector Forestal

16:00 Certificados PEFC, Xestión Forestal Sostible. Imparte: PEFC Galicia.

18:00 Experiencia en Certificación Forestal. Imparte: Asociación Forestal Galicia.

Venres 12: Sector laboral e Educativo.

16:00 Certificados CELGA Galego. Imparte: Política lingüística da Xunta de Galicia.

17:00 Certificados de Idiomas. Imparte: Escola Oficial de Idiomas.

18:30 Certificados de Profesionalidade. Imparte: ACIDE.

19:45 Clausura das xornadas.