Inicio > Blog > Visita ao noso afillado Sarela

Visita ao noso afillado Sarela

10/03/2014

  Semella que o apocalipse ao final tivo piedade de nós e puidemos saír a rúa. Ben, máis que á rúa puidemos saír ao río. Como sabedes ACIDE ten apadriñado un tramo do río Sarela dentro do marco do proxecto ríos e logo de tantos días, semanas MESES de choiva fomos ver del. 

  Como temiamos tanta auga tivo o seu efecto no río. O Cauce baixaba moito máis alto do normal e a auga anegaba terras que de cotío non están asolagadas.2014-02-24_18.11.36.jpg2014-02-24_18.23.48.jpg

As beiras presentaban desprendementos e moitas árbores foron arrincadas polo vento que levantounas de raíz. Outras atopámolas cortadas, pensamos que xa en prevención do dano que poderían facer en caso de derrubamento.2014-02-24_18.23.28.jpg

pero sobre todo atopamos moito lixo, que fora arrastrado pola corrente, acumulado nos recodos e na maleza de arredor. Dende logo unha mágoa, deberiamos reflexionar por que seguimos a pensar nos ríos e mares como vertedoiros.

2014-03-07_12.52.44.jpg

Etiquetas: proxecto-rios

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Localización

Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Local de Alumnos da Facultade de Física. Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela