Inicio > Blog > Pectina, botes e outras cousas da marmelada

Pectina, botes e outras cousas da marmelada

25/05/2014

Que é a marmelada?

Penso que a todos nós, cando pensamos en marmelada, a primeira imaxe que se nos vén á cabeza é unha torrada e manteiga. Pero aínda que, hoxe en día, a marmelada non sexa máis que un doce, supuxo, no seu momento, un bó xeito de conservar a froita.

Pode que, nas nosas latitudes, non nos deamos  conta da sorte que temos por poder consumir froita fresca todo o ano, pero, noutros países, case a metade, ao estar anegados pola neve, tiñan que conservar a colleita de poucos meses para todo o ano.

Sen embargo, a primeira marmelada non foi unha receita de conservación, senón unha estratexia comercial. Semella que, no 1770, unha comerciante de Escocia tiña un escedente de laranxas amargas que non daba vendido. Así que, decidiu cociñalas coa receita doutro produto portugués que tiñan no seu haber, "marmelo". O proceder foi sinxelo, mesturar a froita con azucre e esta mestura fixo unha boa conserva que permitiu vender todo o cargamento de lanranxas antes de que se botara a perder. Dende entón, en Gran Bretaña, chámanse "Marmelade" a todas as confituras feitas con cítricos. E para todos nós, xurdiu un saboroso xeito de conservar a froita. 

A tecnica é moi sinxela. Polo xeral, poderíamos decir que, por cada quilo de froita, temos que botar un quilo de azucre e unha parte de citrico. Cada parte ten o seu cometido. Por unha banda toda froita ten unha sustacia chamada "pectina" que forma parte da estructura celular de todalas especies vexetais. A proporcion de pectina varía dunha froita para outra, sendo as mazas e os membrillos as que mas posuen pectina e as cereixas e os melocons dos que menos.