Inicio > Blog > Nerd Nite Outubro 2014

Nerd Nite Outubro 2014

19/11/2014

O primeiro en intervir foi Vicente, que fixo un percorrido, ao longo da historia, sobre a influencia do clima. Para iso, falou de civilozacións tan antigas e milenarias como a exipcia ou a mesopotámica. Soubemos, por exemplo, como os cultivos estában condicionados polas características climáticas de cada zona. Así, descubrimos que o clima permitía, na Antigúidade, o cultivo de viño en Gran Bretaña e como, durante a Pequena Idade do Xeo, ocorrida entre 1300 e 1850, nas augas do Támesis e os canais de Holanda era posible a celebración de ferias ao estaren conxeladas.

Por outra banda, o segredo dos violíns Stradivarius, cfabricados nesa época, atópase na súa madeira, máis densa debida ao frío. 

Outro punto importante foi as posibles ideas para paliar os danos provocados polo cambio climático. Dende solucións tan simples como a plantación de árbores, ata outras máis sofisticadas, como a dispersión de partículas de ferro na atmosfera, acción que provocaría que o ceo se volvera de cor rosa, ao igual que pintou Munch na súa obra mestra "O Grito". 

DSC_0554.JPG

 

A segunda participante da noite, Rocío García Carregal, falounos da Certificación Enerxética na Edificación. Explicounos a etiqueta enerxética obrigatoria e outros certificados voluntarios de gran importancia e uso: Passive house, Breeam.

IMG_20141015_232215603_1.jpg

 

O terceiro e último participante ofreceunos unha serie de indicacións, en clave de humor, para sobrevivir a un apocalipse zombie, empregando ferramentas artesanais para acabar cos monstruos.

IMG_20141015_235553850.jpg