Inicio > Blog > Conmemoración IV Centenario Quixote

Conmemoración IV Centenario Quixote

27/11/2015

Este ano ACIDE organizou, en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes, unha exposición para conmemorar o IV Centenario da publicación da 2º parte do Quixote e fomentar, así, a súa lectura, que albergou cerca de corenta libros que foron escollidos pola beleza dos seus gravados, imaxes ou fotografías e que pertencen aos fondos da Biblioteca Xeral.  Dita exposición, que estivo amenizada en todo momento por unha coidada selección de música clásica, tivo lugar no Claustro Alto da Biblioteca Xeral e puido desfrutarse durante todo o mes de abril. Naturalmente, todos os exemplares estaba relacionados, directa ou indirectamente, co Quixote: dende o libro de gravados realizados por Gustave Doré ata unha edición en miniatura e tamén libros modernos: unha edición facsímil e algún exemplar sobre os traxes do Quixote, entre outros.
A nosa idea inicial era montar unha exposición na que os visitantes puidesen contemplar os libros coma se fosen cuadros. Paralelamente á mostra de libros, deseñamos uns tótems, que colocamos ao carón das vitrinas expositoras, con información sobre os lugares polos que van pasando os personaxes da novela, coma se fora unha guía de viaxes moderna. O obxectivo é facer máis atractiva a obra, tanto a estudantes como a aqueles visitantes que chegan á zona vella.

Asemade, o día da inauguración da exposición contamos coa inestimable presencia do catedrático de literatura española e insigne cervantista, Luis Iglesias Feijoo, quen, na súa charla, animou á lectura do clásico, e coa Directora da Biblioteca Xeral, que nos agradeceu a realización da actividade.

Como reclamo á exposición, colocamos nas fiestras das facultades de Filoloxía, Burgo das Nacións, Auditorio, Economía e Empresariais, CEIP López Ferreiro, Enfermería, Maxisterio, Biblioteca Ánxel Casal, , Filosofía, Medicina, Pazo de S. Xerome e Biblioteca Xeral as letras co inicio da 2ª parte do Quixote para que puidesen ser vistas dende a rúa e, deste xeito, espertar a curiosidade dos viandantes e servir como reclamo para a exposición.

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Localización

Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Local de Alumnos da Facultade de Física. Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela