Inicio > Blog > Congreso Raíñas e Infantas nos Reinos Medievais Ibéricos

Congreso Raíñas e Infantas nos Reinos Medievais Ibéricos

8/07/2014

949ZY9Z4kmhlB5yym54g3YK83uHDyw0uN9aMGqyrths.jpg

ACIDE asistiu ao Congreso "Raíñas e Infantas nos Reinos Medievais Ibéricos" celebrado na Facultade de Filosofía da USC os días 21, 22 e 23 de maio. Por conseguinte, preténdese realizar unha análise do que alí aconteceu.

O Congreso "Raíñas e Infantas nos Reinos Medievais Ibéricos", atraeu a numerosos especialistas na materia e contou cun público entregado e agradecido.

En primeiro lugar, convén sinalar que, antes de dar paso aos comunicantes, que procedían de lugares e países moi diferentes, como, por exemplo, de Wesleyan University, os organizadores presentaron, cada día, a investigadores e profesionais de prestixio, entre os que se incluían catedráticos ou investigadores do CSIC, que presidiron os actos expoñendo os seus traballos acerca dalgunhas das raíñas medievais máis importantes.

fJ-rwZ2byh3atJ2lsMAfFnLWEeIsDWi_8qBnNE1NVCY.jpg

Sen embargo, o Congreso non só se limitou a dar a coñecer as exposicións dos comunicantes elixidos polo Comité Científico,  senón que tamén incluíu visitas guiadas á catedral e a diversos edificios do casco antiguo, entre os que destacou a estadía na Biblioteca de América, onde os asistentes puideron contemplar o facsímil do Libro de Horas de Fernando I e Sancha  e recibir as explicacións sobre a súa orixe, destinatario ou historia, entre outros aspectos.

Por outra banda, é importante sinalar que as exposicións incluíron tamén a presentación dun libro adicado á figura de Isabel a Católica, concretamente, unha "psicobiografía", onde ademáis de ofrecer datos específicos da súa vida, apórtanse rasgos psicolóxicos que axudan a debullar un perfil fidedigno da raína.

Con todo e consciente da dificultade que conleva intentar resumir os contidos tratados durante os tres dias, dispóñome, unicamente, a sinalar aquelas comunicacións que máis chamaron a miña atención non sen antes indicar que, aínda que a maioría dos comunicantes eran historiadores, tamén houbo espazo para filólogos.

Así pois, algunhas das comunicacións máis interesantes trataron sobre os enterramentos preferidos por algunhas das raíñas medievais e como elas se preocuparon de habilitar un espazo para ese fin. Tamén puidemos descubrir cales eran os principais modelos de enterramentos das raíñas medievais castelás.

Algúns dos datos máis chamativos que se puideron coñecer durante a conferencia inaugural emitida pola Dra Valdivieso inclúen o feito de que o poder, naquela época, reservábase para os homes e a titularidade dos señoríos podía corresponder a mulleres por motivos políticos. Ademáis, sinalou outra circunstancia excepcional que se daba nos condados cataláns, xa que estes admitían a titularidade feminina. Outro caso distinto atópase en Aragón, onde a sucesión viña marcada polos testamentos. En xeral, as mulleres só eran candidatas a ocupar o trono cando non había homes para desempeñar o cargo. Así, elas son as encargadas de transmitir o poder ao seu marido ou fillo. Con todo, a situación menos favorable para as mulleres tiña lugar en Portugal, xa que son os maridos ou fillos os que suplantan o poder da titular. Polo contrario, en Castela, a partires do s.XIII, elas poden transmitir o reino aos seus fillos.

Aínda que as fillas son recoñecidas como herdeiras, sempre se prefire a un varón porque o reinado feminino considérase un periodo de debilidade.  En consecuencia, Alfonso X estableceu que sempre debían ir primeiro os varóns. O reino peninsular é moi favorable ás mulleres.

Noutra comunicación, averiguamos que alimentos eran os máis consumidos polas infantas nos hostais d reino de Navarra, así como a gran cantidade de zapatos que podían chegar a posuír a causa, probablemente, da fraxilidade dos materiais empregados para a súa fabricación.

Tralas comunicacións, abríase unha sesión de preguntas onde os asistentes podían expor as súas impresións e dúbidas sobre o que acababan de escoitar.

En resumo, sei que é moi difícil sintetizar todas e cada unha das intervencións realizadas durante os tres días de Congreso, así que pido desculpas por adiantado por realizar unha analise tan concisa.

Para finalizar, gustaríame incluír un dato curioso e é que, moitos dos comunicantes que asistiron ao Congreso províñan de Portugal e, en consecuencia, presentaron as súas propostas na súa lingua materna, sen que iso dimisnuíra en absoluto a súa comprensión.

 

THacebJRI1q28IzjZgFaeqn9Ygztjf7UC267LgFhm98.jpg

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Localización

Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Local de Alumnos da Facultade de Física. Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela