Inicio > Blog > Chega a primavera, e non a trae o Corte Inglés senon o Proxecto Ríos

Chega a primavera, e non a trae o Corte Inglés senon o Proxecto Ríos

24/06/2014

  Como xa vos temos contado, temos un tramo do río Sarela apadriñado no programa Proxecto Ríos de Adega, e, como cada ano, facemos dúas saídas: unha no outono e outra na primavera. Así que xa tocaba, e, aproveitando o bo tempo, decidimos que era boa ocasión para mollarse. 

a_mollarse.jpg
 Comezamos cunha inspección de todo o tramo, onde anotamos as diversas especies forestais que conforman a súa beira. A verdade é que atopamos bastante variedade de especies, dende fiúncho a saúco.

DSC_0863.JPG       DSC_0874.JPG

E atopamos tamén varios modos de entender as beiras do río. Nalgunhas leiras, observamos podas agresivas co fin de non sombrear as terras de cultivo. Esta práctica non afecta só á erosión do terreo, senón tamén á invasión de flora na cunca do río que acaba por dificultar o seu fluír. Pero semella que non todos os propietarios son iguais, xa que uns pasos máis adiante atopamos co que nos parecía unha pequena plantación de árbores novas.

DSC_0872.JPG       DSC_0877.JPG

Aínda que o estado xeral do tramo é bastante bo, non deixamos de ver dous puntos a denunciar: lixo procedente de obras no leito e verquidos procedentes dunha granxa próxima.

vertido.jpg       DSC_0864.JPG

Menos evidentes de xeito visual son os verquidos de diversos sumidoiros que se atopan nas beiras, aínda que, sen dúbida, han de ter o seu impacto, aínda que non podemos demostralo aonon facer unha análise da agua de xeito máis pormenorizado. 

Rematado o paseo e inspección visual, toca mollarse e tomar mostras da auga e estudar a fauna fluvial. Nós, que somos uns bichiños todos, desfrutámolo moito.
Coma sempre, este é o noso material.

equipacion.jpg
Botes, pipetas, reactivos, táboas e cartillas, pinzas, redes e bandexas.

parrulio.jpg

E, por susposto,  o noso parruliño, que xa é unha seña de identidade. 
Tomamos auga e enchemos as pipetas para, coa axuda dos reactivos, medir os niveis de PH, oxíxeno e nitratos. 

Obtivemos unhas boas medidas de temperatura, uns 17 graos, e de claridade da agua, totalmente translúcida, o que nos indica a boa saúde do río.

temperatura.jpg        DSC_0920.JPGclaridad.jpg        DSC_0923.JPG

Os niveles de oxíxeno, nitratos e PH tamén foron os óptimos.

PH2.jpg        nitratos.jpg

osixeno.jpg

Coa axuda dunha rede, collemos unha mostra no leito do río para ver se pescamos algúns macroinvertebrados.

ponerpagina.JPG

Aínda que non é a única fauna que atopamos, avistamos algúns peixes de bó tamaño, así como zapateiros.

zapatero.jpg

Podedes ver neste pequeno vídeo o resumo da fauna que atopamos.