Reinterpretando O Quixote

A exposición tivo lugar no Claustro Alto do Pazo de Fonseca durante o mes de abril (do 7 ao 30).

 

11069991_10153232414213469_359683635_o.jpg

Para conmemorar o IV Centenario da 2º parte do Quixote, "escribimos" o inicio da obra nas fiestras dalgúns edificios do Concello e da Universidade para que as letras poideran ser vistas dende a rúa e a xente poidera ler o texto dende a facultade de Filoloxía ata a de Filosofía (antiga facultade de filoloxía).

O percorrido abarca as facultades de Filoloxía, Económicas, Enfermería, Maxisterio, Medicina e Filosofía, e outros edificios emblemáticos como o Rectorado, o Auditorio de Galicia, a Biblioteca Ánxel Casal, Residencia Universitaria Burgo das Nacións e o CEIP López Ferreiro.   
Esta intervención nas fachadas dos edificios tivo por obxectivo espertar a curiosidade e servir como reclamo para a exposición que se celebrou no Claustro Alto de Fonseca no mes de abril con algúns dos exemplares do Quixote que alberga a nosa Universidade.
En canto á exposición, tendes toda a información relativa á mesma, no tríptico que se atopa ao final desta páxina.
Podedes coñecer datos curiosos sobre os primeiros gravados do Quixote, así como información relativa ás edicións ilustradas máis importantes dende o século XVIII ata a actualidade.
Cargando galería...

Comité Organizador:

Jesusa Camaño Giráldez

Rocío García Carregal

Águeda Lago Núñez

Cofinanciado por:                                                               

normal.jpg

 

 

 

Colaboran:

normal.jpg

 

 

 

Facultades de Filoloxía, Económicas, Enfermería, Medicina, Maxisterio e Filosofía, Biblioteca Ánxel Casal, Residencia Universitaria Burgo das Nacións, Auditorio de Galicia, CEIP López Ferreiro e Rectorado.

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Localización

Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Local de Alumnos da Facultade de Física. Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela